Thursday 19 de September de 2024

San Agustín acolle esta fin de semana a edición de  verán do Mercado das Nubes 


O Goberno de Inés Rey colabora na dinamización do mercado municipal  con diversos actos ao longo do ano no seu segundo andar  

O mercado municipal de San Agustín acollerá entre este  venres 14 e o domingo 16 de xuño a edición de verán do Mercado das Nubes, promovido  polo Concello xunto con Estrella Galicia e Océano Azul. Está prevista a presenza de 60  negocios de marcas, emprendedores, arte ou decoración. 

O Goberno de Inés Rey colabora na dinamización dos mercados con actividades ao longo do  ano, como esta, que busca fomentar a compra sostible e responsable, visibilizando o talento,  a creatividade e a diversidade de propostas. Ademais, tamén haberá catro actuacións  musicais ao mediodía e pola tarde, con Sophie Simonds (venres ás 19.00 horas), Erik Lepeich  (sábado ás 13.45 horas), Carlos Varela (sábado ás 18.30 horas) e Edu Calvario (domingo ás  13.45 horas).  

O Mercado das Nubes tamén conta cunha sección gastronómica, da man de Estrella Galicia.  Nesta ocasión, os cociñeiros convidados serán Chisco Jiménez, do Culuca, e Moncho Bargo,  do Pracer. Estarán, a partir das 13.00 horas, o sábado e o domingo, respectivamente. Haberá,  ademais, un posto de xeados de Bico de Xeado.  

Ademais, tamén haberá unha zona infantil para que as persoas asistentes deixen aos seus  nenos e nenas.